Opinión

Premio ao transfuguismo

Cúmprense 30 anos dun dos casos de transfuguismo máis rechamantes en Lugo, o do concelleiro Mouronte, que facilitou o goberno do PP. Era 1991, antes xa houbera o mesmo percorrido doutro representante socialista, o que logo chegou á elite do fútbol profesional como adestrador, Fabriciano González. Sen saír da provincia déronse ben casos de cambio de partido en igual dirección: A Fonsagrada, Láncara, etc. E por Galicia adiante, ducias deles. Pasan as décadas e o fenómeno reprodúcese por España adiante aínda que se asinara un pacto case sempre en papel mollado. Agora é en Murcia, aplaudido por quen saca réditos del, igual que antes en Madrid cando grazas aos tránsfugas Tamayo e Sáez se repetiron as eleccións que permitiron a Esperanza Aguirre chegar ao goberno, no que se mantivo varias lexislaturas porque en vez de ser castigada polos cidadáns premiouse a compra de vontades, porque neste país a corrupción recompénsase en vez de ser sancionada.

Comentarios