Opinión

Preferencias nos pactos

UNHA proposta é a do partido e outra a dalgúns representantes del cando se trata de pactos, porque aínda que nas cúpulas as tendencias se fixan para todo o Estado, en concellos ou comunidades pode haber distintas sensibilidades. Cs xa dixo que tería como socio preferente ao PP, que nunca negou a aceptación de Vox, e por moito que o primeiro non queira relación co terceiro máis por postureo que por convicción, o segundo, mediador, servirá de facilitador de acordos a tres bandas. E iso que a Cs inchóuselle a gorxa ao reclamar rexeneración, pero aínda así está encamiñado a aceptar a continuación de gobernos que levan décadas, como na comunidade de Castela e León ou a Deputación de Ourense. E entre os purismos partidarios xorden versos soltos, sobre todo no PP, que para gobernar está disposto a dar alcaldías a BNG (A Fonsagrada) ou Bildu (Labastida). Estes pactos poderían prosperar se non houbera tanta radicalidade, pero non van ser posibles.

Comentarios