Opinión

Preferencias deportivas e políticas

O DISTINTO trato de membros do Goberno ás principais figuras do Real Madrid e do Barcelona de fútbol polos seus problemas fiscais está dando nova munición ao separatismo catalán no seu argumentario de discriminación en España.

Deporte e política, actividades aparentemente distantes pero realmente tan relacionadas, toman aquí corpo unitario, e os medios cataláns aproveitan para abundar na preferencia polo xogador madridista. E o peor é que deixan en entredito a Xustiza española ao deducir que existe unha predilección na que o futbolista do club estandarte de Cataluña sae mal parado, pois resulta embestido por todos os flancos, incluído o Goberno, que pola contra reclama mesura e presunción de inocencia cando se trata agora da franquicia rival. O Barça é, como el mesmo se audodefine, máis ca un club, e tomando a parte polo todo parece que atacalo é arremeter contra Cataluña.

Comentarios