sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

Posicións de forza

OS PROTAGONISTAS do bipartidismo resistiron a presión dos respectivos rivais nos seus mesmos espazos electorais e a día de hoxe manteñen posicións de forza para evitar sorpassos. O PSOE non cede ante Podemos nunha coalición gobernamental para evitar darlle protagonismo e o PP intenta deglutir a Ciudadanos nunha marca electoral que se asemellaría a unha absorción. As estruturas partidarias de PSOE e PP permitíronlles manter, con dificultades, á raia os emerxentes, aínda que os necesitaran en pactos posteriores, uns máis complicados que outros, pero que salvo excepcións se produciron cando foi preciso para formar executivos cara a esquerda ou cara a dereita. Vense sólidos agora os socialistas para non transixir cun pacto, convencidos de que unha repetición electoral os favorecerá, pero volvendo ás urnas terán que esforzarse en convencer á cidadanía de que a culpa non é súa, cando así opinan todos os demais partidos.

Posicións de forza
Comentarios