Opinión

Politiqueo por riba da xestión

SABE QUE xudicialmente é unha batalla perdida, pero non lle importa, porque a pretensión co recurso contra o currículo educativo de bacharelato é un efecto político, xerar ruído arredor duns temas que segundo a presidenta da Comunidade de Madrid son nocivos para a mocidade. Seica a historia dos dereitos da muller ou a defensa do medio ambiente son contidos perniciosos, non como a relixión que defende e leva décadas nas aulas, que iso si que non é adoutrinar. Sabe que aos seus votantes lles dá igual a xestión, é secundaria ante o combate político co presidente español, por iso xunto co recurso ao Supremo reclama un debate en toda España, como se fose a xefa da oposición en vez de exclusivamente presidenta autonómica, cando realmente o asunto xa pasou polo foro de discusión que representa a todos, o Parlamento, e superou o trámite con amplo apoio nas dúas cámaras. Mostra sempre preferencia por amosar antagonismo que por gobernar.

Comentarios