Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

A política económica no deporte

DEPORTE  E política van da man, por moito que algúns non o queiran ver. É máis evidente aínda a unión da actividade física, sobre todo profesional, coa política económica. Tanto que esta foi determinante para un contrato millonario que acaba de asinar un xogador que pertenceu ao Real Madrid e agora forma parte da Juventus. Ronaldo tivo problemas coa Xustiza en España por evasión de impostos que a piques o estiveron de levar á cadea, pero en Italia do que xenere fóra do país, que serán millóns, só terá que pagar por 100.000 euros. Aproveita a lexislación que está pensada para que se asenten grandes fortunas, igual que moitos deportistas se beneficiaron en España de cando se redactara unha lei para atraer estranxeiros opulentos, porque se reducía a achega ás arcas públicas do 45% ao 19,5%, e de feito a norma foi bautizada co nome dun futbolista, Beckham. Ao fin, todo polos cartos.

A política económica no deporte
Comentarios