viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Política de desigualdade

Un país quebrado, así é como cataloga a España un informe das Nacións Unidas sobre políticas sociais, no que enfatiza que se atopa á cola en redistribución da riqueza. O relator para o organismo supraestatal incide neste aspecto que considera resultado das políticas "para os ricos antes que para os pobres", de aí que nunha década a exclusión social medrara seis puntos fronte a un 25 por cento de crecemento nas clases altas. Son enfoques distintos á hora de gobernar que transcenden os datos macroeconómicos dun país. Porque saír da lista do paro non sempre significa abandonar a pobreza, e ese é un dos principais atrancos de España, as carencias no emprego de calidade. Estas desigualdades xa comezan na infancia, pois un de cada tres nenos vive en risco de pobreza, acentúanse na escola e remárcanse na vida laboral pola diferenza de oportunidades. E iso todo vén dado das políticas de cada momento, que neste caso deixan a España á cola de Europa.

Política de desigualdade
Comentarios