Opinión

A política de guerra en Siria

ALGÚNS PAÍSES con gran poder militar recorren á disuasión nuclear contra outros para evitar que teñan armas de destrución masiva coma eles, porque hai estados con máis dereitos internacionais que outros. E se non os teñen, ás veces vadean os tratados internacionais para conseguilos de facto, e así cando entran noutro territorio con soberanía recoñecida non admiten a invasión, senón que empregan o eufemístico liberación. O discurso político utiliza a linguaxe para ser menos ofensivo, pero a realidade é o que defendía de feito abrupto a principios do século XIX o militar prusiano Clausewitz, que a guerra é a continuación da política por outros medios. E se non se chega a esa situación nas máis das veces é por temor dunha das partes, disuadida por argumentos militares da outra. Siria é agora o principal escenario onde se dirime o poder mundial, non é unha guerra máis. É política. O resto é cinismo.

Comentarios