Opinión

A política da desmemoria

AQUÍ TRIUNFA desde hai ben tempo a política baseada na desmemoria, a política minúscula, a ‘politiquilla’, como denomina un redactor desta casa a xestión pública máis maquiavélica que efectiva. Nesta política ínfima o que hoxe é negro mañá tórnase branco ou viceversa, segundo interese do momento: onde onte había ‘bigobernos’ criticables por estar compostos por máis de un hoxe deféndese que ‘gobernar é pactar’; onde antonte se censuraba a colocación dunha inmensa bandeira na madrileña praza de Colón hoxe utilízase como símbolo enorme para a presentación dun candidato á Moncloa; onde hai nada se reprobaba a utilización de coches de alta gama nas institucións agora os mesmos manteñen que retiralos ou cambialos por uns utilitarios é populismo e parte insignificante dos orzamentos. Os políticos tratan os cidadáns como menores de idade, confiados na desmemoria.

Comentarios