domingo. 13.10.2019 |
El tiempo
domingo. 13.10.2019
El tiempo

Pódense salvar bancos, pero non persoas

É POSIBLE que sexa acusado de populismo, pero non me resisto á comparación. Europa facilita a salvación dos bancos pero non permite a de persoas. Uns bombeiros españois sentáronse no banco dos acusados dun tribunal grego por rescatar inmigrantes da travesía que os conducía a Europa. Viñan de Siria, pero podían chegar de calquera outro lugar depauperado na procura dun futuro mellor. Moi preto, en terra ao sur do Mediterráneo, Salah acaba de entregar 400.000 euros para construír unha depuradora na localidade na que naceu. Hai pouco ergueu un hospital e unha escola. Á parte de amosar a gran solidariedade do dianteiro exipcio do Liverpool, amosa a desigualdade de que nun lugar unha persoa ten maior capacidade financeira que todos os demais xuntos, que non é extraño que ante a depauperación se lancen en bote cara o norte ou cara a morte. Pero Europa non quere.

Pódense salvar bancos, pero non persoas
Comentarios