domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Pesadas sobreactuacións

Mirando para o mesmo sitio, cada un ve un país distinto, e non é por detalles, pois nunha árbore cando chega outono alguén pode fixarse nas follas secas e outro remarcar a cantidade das que aínda quedan verdes. Aquí non. Un ve un lugar devastado, como se un tsunami o arruinara, mentres que outro contémplao esplendoroso grazas ao seu impulso. Será entón o que queren percibir, porque non é posible isto para ollos inmaculados. Os gobernos destacan os seus hipotéticos logros e a oposición vólvese cansina nas súas críticas de tal xeito que ambos os dous non conseguen ser cribles. Estas sobreactuacións partidarias, vivir continuamente na hipérbole, pode ter un efecto búmerang, por cargantes e ás veces por inverosímiles, como cando xeneralizan a desolación nun territorio gobernado por un rival e, dentro del, enaltecen a parte que está rexida polo seus, como se o malo fose o dos demais e as bondades as súas. Unha posta en escena deprimente.


 

Pesadas sobreactuacións
Comentarios