lunes. 19.04.2021 |
El tiempo
lunes. 19.04.2021
El tiempo

Peros

ÁS VECES é mellor non dar explicacións, aínda que sexa un portavoz dun partido, que se presupón coa principal tarefa de facer declaracións en nome de quen representa. Pois en ocasións non debe ofrecer aclaracións porque como dixera Oscar Wilde, os amigos non as necesitan e os inimigos non as cren. E máis cando non son claras, ao ser acompañadas de conxuncións que poden soar xustificantes. Aproveita Martínez Almeida a condena ao ataque con explosivos a unha sede de Podemos para arremeter contra o partido agredido por non ter reprobado accións similares cando as vítimas eran distintas, o argumento habitual de ‘e ti máis’ que utilizan os políticos por non ofrecer a mínima empatía co rival; un pero que o desvirtúa. Porque se ao cometer unha tropelía sempre se atopa algún idiota disposto a xustificalo, como presumía con arrogancia Federico II O Grande, recorrer a peros pode entenderse como disculpa na que prendan outras mechas.

Peros