jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

O pasado non se pode borrar

Todos temos pasado, os partidos tamén, aínda que ás veces lles gustaría borralo. O PP estase enfrontando ás décadas previas a Casado, das que, para ben e para mal, non se pode abstraer. Igual que a Bildu se lle reprocha o seu apoio ao terrorismo, por moito que Eta deixara de existir hai dez anos, o principal partido da oposición non pode obviar as épocas de Aznar e Rajoy e o enxuizamento pola caixa b e outras causas xudiciais. Unha refundación pode ser traumática, pero non tanto como a estigmatización por corrupción que arrastra, e xa non sería novo para a formación conservadora. Afrontara o mesmo proceso en 1989 sobre as cinzas de AP, creada na Transición por exdirixentes franquistas na súa maioría. O malo é que esa refundación cabrearía a unha parte interna significativa, a que se ve atacada polos actuais dirixentes que abominan unha época que os persegue no presente personificada en Bárcenas e materializada en Gürtel máis que na sede central.

O pasado non se pode borrar
Comentarios