Opinión

Un país sen ultras e outro ateigado deles

PORTUGAL, o país onde a crise non xerou ultras. Así titulaba un xornal un día destes para referirse a que alí os partidos de ultradereita son residuais. Pode ser un enfoque equivocado, pois ao mellor é que non afloraron porque non os había, como en España, que xa estaban. Abascal, Ortega Smith e compañía e os seus votantes non apareceron por xeración espontánea, non son reacción á crise, simplemente maniféstanse sen pudor. E o que antes se ocultaba en público, agora exhíbese. Xustifícase o asasinato de mozas militantes da oposición a Franco en base a falacias, como fixo o secretario xeral de Vox. Pero tamén no PP, que sobre o ditador habitualmente se pon de perfil, hai dirixentes que rompen a estratexia de moderación para o 10-N fronte ao extremismo do 28-A. Ayuso, que ás veces non difire moito dos postulados da ultradereita que a apoiou para a presidencia madrileña, emprega argumentos guerracivilistas. Non foi pola crise. Xa estaban.

Comentarios