Opinión

País de pandeireta

ESPAÑA DEMOSTROU ser un país de pandeireta, pola querenza a Tanxugueiras, que ten ese instrumento como estandarte; pero tamén de charanga, como denunciaba Antonio Machado hai xa máis dun século. Pasou o tempo, superáronse os totalitarismos e melloraron as condicións pero na sociedade queda un pouso de descomposición que non permite chegar aos máis altos estándares de calidade democrática. Segue sendo "España especialista no vicio ao alcance da man", como na mesma composición alertaba o poeta andaluz; a perversión non desapareceu, e organismos como unha televisión pública reviste de pureza unha elección xa decidida por moitos centos de miles de mensaxes que se enviaran para o contrario; igual que acaban na cadea políticos, banqueiros ou empresarios corruptos, como de xeito algo esaxerado pero revelador escenificaba hai décadas Berlanga en Todos ao cárcere. Non é para sentirse orgullosos das trampulladas.

Comentarios