Opinión

Outros políticos

Non só os nosos representantes nos parlamentos toman decisións políticas, hai moitos outros colectivos ou individuos que participan na vida pública con resolucións que interfiren, ou pretenden, na gobernanza. Quizais ninguén se libre. O Ministerio de Xustiza suízo rexeita colaborar co xuíz español que investiga por terrorismo varios dirixentes cataláns e aprecia intencionalidade política, igual que se estimou na elaboración de informes falsos por parte da Policía patriótica da época de Rajoy con Fernández Díaz en Interior. Pero non só policías ou maxistrados, desde a súa independencia, claro, teñen ás veces propósitos políticos; tamén comentaristas que replican consignas dos partidos, incluso nalgúns informativos, os mesmos que se queixan de que os rivais exerzan de voceiros mediáticos. E ademais sindicatos, asociacións culturais ou veciñais e mesmo comisións de festas, como se viu hai nada en precampaña electoral. Políticos todos.

Comentarios