martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

Outra fenda política

A MAIORÍA non dimitirá, e os que o fan é pola presión externa e extrema á que son sometidos. Alá eles e os cidadáns. Realmente delitos non cometeron, pero os seus comportamentos son indignos para representar a ninguén. Unha ducia de alcaldes, uns cantos concelleiros, altos cargos autonómicos cun conselleiro á fronte e seguramente moitos outros políticos que aínda non transcenderon racharon co protocolo da vacinación e recibiron a inoculación contra o coronavirus. Non son anciáns usuarios de residencias nin persoal sanitario, grupos de risco aos que estaban destinadas as primeiras doses, pero eles foron uns adiantados, para non tiralas, dicían, como se o país andara sobrado de vacinas. Primeiro o PP atopou filón ao coincidir que foron varios rexedores socialistas os inmunizados pero logo tivo que tragar o sapo de estourarlle un caso maior entre os seus. Nunha época de amplo cuestionamento dos políticos, isto é unha fendedura máis.

Outra fenda política
Comentarios