Opinión

Outra campaña, aínda máis aceda

XA NON ERA unha campaña limpa, pero as provocacións e a crispación constante da ultradereita fixérona descarrilar, para bochorno dos demócratas e aplauso dos incendiarios que gozarían coa desaparición dos rivais, e vangloriarse se iso ocorre, nun flagrante desprezo pola vida dos que consideran inimigos polo feito de non ter ideas semellantes. Por un día reconvertéronse en negacionistas das ameazas logo de que en distintas ocasións intimidaran ao antagonista: «Non vas seguir con vida», espetaba un concelleiro sevillano en Twitter, ou «fusilados deberían estar os comunistas coma ti», púidose ler na mesma rede social. Sementar ventos soe producir colleitas de tempestades, e nesas andamos para desasosego democrático logo de excesivos episodios de linguaxe guerracivilista e ausencia de respecto a colectivos políticos, sociais, vulnerables as máis das veces, aos que denigran pero utilizan en manipulacións propagandísticas estilo Goebbels.

Comentarios