Opinión

Orde contra o feísmo

HAI MÁIS de doce anos publicaba unha columna crítica co urbanismo galego baixo o título de Feís(i)mo. Pasado o tempo algo mellorouse, pois dificilmente agora se pode erguer unha casa con permiso de galpón ou sen licenza, porque a axencia de legalidade urbanística persegue estas construcións. Pero naves industriais de ladrillo ou bloque á beira de calquera estrada, granxas telladas de calquera xeito e edificios en esqueleto seguen sendo habituais, como hai uns días se recollía nunha ampla reportaxe neste mesmo periódico. Igual que medianeiras ou casas enteiras sen revocar e outros males provenientes dun urbanismo caótico que caracterizou a Galicia durante décadas. Isto agacha un problema de ordenamento que está por resolver a pesar da profusión lexislativa sobre o asunto, porque mantense a desorde, pois unha ampla porcentaxe de concellos carece de planeamento. Hai que poñer orde.

Comentarios