viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Oposición fóra do Parlamento

DÁ A SENSACIÓN de que a principal oposición ao Goberno non está no Parlamento, senón no Poder Xudicial. Leva o Executivo exercendo unha semana e xa se produciron dous enfrontamentos, un con Podemos e outro co PSOE, un por non aceptar as críticas de Iglesias á súa actuación no procés e outro pola elección da exministra Delgado como fiscala xeral.

Aínda que o seu informe non é vinculante, unha parte do CGPJ quixo evidenciar o seu rexeitamento; sete membros designados por iniciativa do PP votaron en contra a pesar de que é unha evidencia o cumprimento dos requisitos para ocupar o posto: ser xurista e levar máis de 15 anos de exercicio da profesión.

Da idoneidade ou non, iso xa é interpretativo, pero resulta chamativo comprobar como vocais que levan un ano en funcións (máis do que así estivo Pedro Sánchez, que xa nos parecía excesivo) e foron nomeados por partidos políticos lle negan a conveniencia no cargo a esta fiscala por motivos políticos.

Oposición fóra do Parlamento
Comentarios