Opinión

Oportunidade de reparación

OS QUE non o fixeron ata agora (individual ou colectivamente como partidos) teñen a oportunidade de desvincularse do pasado funesto en vez de aferrarse a el. Non todos o van facer, claro, pois segue habendo franquistas (moitos que nin naceran na Transición) que nunca renegarán do réxime. Os defensores dunha ditadura, que ultimamente campan sen rubor polas redes sociais e outras plataformas mediáticas, deberían estar illados nun sistema democrático igual que ocorre cos apoloxistas do terrorismo, apartados da legalidade. Cos cambios que se aventuran remataranse algúns anacronismos, como o de permitir entidades que difundan a obra e a memoria dun sátrapa. Ningún demócrata lamentará a reparación das vítimas, nin que se prohiba a exaltación dun réxime autoritario e os seus símbolos, que aínda se poden ver en público en excesivos lugares, así como a retirada de condecoracións a quen foron arietes da tiranía. Quen se opoña queda retratado.

Comentarios