Opinión

Ofender os electores que seica votaron mal

JOSÉ MANUEL SOTO é dos que pensa que en España se votou mal porque non se fixo para os partidos que el quería, por iso non só insulta ao presidente do Goberno, senón tamén a quen o apoiou nas urnas, sabedores todos estes de quen sería o seu coligado e cales o resto dos partidos que o deberían sustentar para que continuase no Executivo. E iso foi o maioritario precisamente para que a ultradereita non tivera relevancia, porque os populares non dan medo, pero o seu posible socio si, e iso deixou a PP e Vox sen posibilidades de sumar para alcanzar a Moncloa, algo que daban por feito ata uns días antes das eleccións, pero non se decataron da mobilización crecente para que iso non ocorrera. O cantante Soto, como tantos outros cidadáns, cuestiona a democracia e ofende a Sánchez e os millóns que o votaron porque, claro, non fixeron o axeitado, malos españois que non merecen o carné de patriota que só poden outorgar el e os partidos que o representan.