domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Odios desbocados

HAI UNS DÍAS foi asasinado o alcalde de Gdansk, a cidade polaca do Báltico na que nacera Solidariedade, o primeiro sindicato independente nun país do bloque soviético. Centrista, defensor dos dereitos dos homosexuais e dos inmigrantes, estaba enfrontado ao ultranacionalista Goberno de Varsovia sobre todo polo rexeitamento deste de acoller refuxiados. Durante anos soportou insultos da ultradereita. Este feito lutuoso recorda outro magnicidio no mesmo país, o do seu segundo presidente, que en 1922 foi vítima do odio que se viña xerando desde sectores ultras que denigraban un líder elixido polo Parlamento (non xusto detrás duns comicios) logo dunha crise de Goberno, apoiado por minorías. Sóalles algo parecido en algún outro país? A agresividade de grupos políticos e de algúns  comunicadores nun país dividido non parece exclusivo de Polonia. Non se chegou a ese nivel de violencia, pero o xerme do odio pode desembocar en algo indesexado. 

Odios desbocados
Comentarios