Opinión

O reto non é gañar, senón subsistir

ATACAR A un partido para atraer votantes de outro. Esta máxima política habitualmente tan ben utilizada por agrupacións que se xogan sufraxios no mesmo espectro electoral parece descoñecela, ou desprezala, un dos aspirantes socialistas a candidato a presidir a Xunta. Méndez Romeu, de amplo percorrido en lides públicas; veterano, se non queremos recorrer a un eufemismo estremo, arremete directamente contra as mareas cando dese xeito dificilmente arrastraría votos para si; pola contra o manual político reflicte que o xeito de lograr ese transvase é socavando ao PP, que obviamente é o rival de todos por ser o que ocupa actualmente a presidencia. Anda o PSOE, en España e en Galicia, desnortado, sen liderado e nunha loita interna cainita que o consume, nun momento delicado para dúas eleccións, xerais e autonómicas, nas que máis que xogarse gobernar afronta un reto de futuro incerto.

Comentarios