Opinión

O perigo está na cantidade

O RARO NON É que entre nun Parlamento, o estraño é que non existira antes un partido que acaparara a extrema dereita. Quizais o insólito é que ocorra cando o PP está dirixido por Casado, pero en Europa é habitual velo nas cámaras de representación (18 dos 28 da UE). En Hungría é o principal partido, en Austria suma o 26%, en Alemaña, Dinamarca, Holanda ou Francia flutúa entre o 12-15%. España non ía ser excepción, malia a gravidade que, extrapolando os resultados de Andalucía, haxa máis de catro millóns que defendan unha identidade excluínte, nostálxicos da España imperial, xenófobos, racistas e machistas, partidarios da volta ao nacionalcatolicismo e do patriotismo emocional, que leva implícito o rexeitamento das autonomías, e adalides contra a lei de violencia de xénero. O perigo está na cantidade, que poida permitir impoñer a súa ideoloxía, e máis con partidos que non están dispostos a despregar un cordón para evitar que iso ocorra.

Comentarios