Opinión

O Freijo de Sangenjo

ASÍ QUE o presidente do Goberno estivo en Órdenes, cando os galegos crían que fora en Ordes, un concello cun topónimo que etimoloxicamente procede de fluír ou cebada (segundo investigadores), que nada ten que ver con ordenar. É un dos moitos exemplos de deturpación, e non só en lugares, senón tamén en apelidos, como Sanxurxo (que doado, onde hai iota poñemos un xe e xa está), Teijeiro, Cereijo ou Freijo. Con Sanxenxo teriamos a mesma resolución errónea. Pero non falemos da procedencia das palabras, que para iso hai expertos, senón da teima de algúns dirixentes políticos, e por extensión os seus partidos, contra os idiomas que non son o castelán, cun ánimo de derribo similar a unha pasada época, como se amolara sequera a súa existencia, como se freara o seu ánimo impositor de pensamento único, idioma único. As ideas unificadoras aproxímase ás ditaduras.

Comentarios