Opinión

O número de aforados é sempre excesivo

 

É POSIBLE que non sexa o momento axeitado; realmente para quen non quere cambios ningunha ocasión é óptima. Tamén cabe a posibilidade de que se pretendan tapar outras miserias; en verdade calquera executivo ten incomodidades que agachar. Pero o aforamento recoñecido na Constitución atenta directamente contra outro artigo do mesmo texto, que todos os españois son iguais ante a lei, porque hai unhas 250.000 persoas (políticos, xuíces e fiscais suman preto de 18.000, os demais son das forzas de seguridade) que non son xulgadas igual que os do común, sen contar o Rei, inviolable, non suxeito a ningunha responsabilidade, tamén recoñecido na Carta Magna. Sen entrar en máis apreciacións, estes anacronismos fan precisa unha actualización da norma máxima, aínda que no fondo se conciba contra un determinado líder político. En calquera caso, sempre é excesivo o número de aforados, aínda que sexa un.

Comentarios