Opinión

Novas e vellas formas políticas

AS REDES sociais son agora o principal escenario da liorta política, a guerra entre partidos ou candidatos para colocar as súas mensaxes e mitigar ou contrarrestar as dos rivais. Superan o que en lustros foi o principal soporte propagandístico, a televisión. De feito, Facebook e Twitter convertéronse nos principais aliados de Trump, algunhas veces bordeando a legalidade, se non sobrepasándoa, na súa exitosa carreira pola Casa Branca. Pero, porén, a loita entre inimigos, isto é, entre membros do mesmo partido, que soe ser a máis cruenta, aínda se segue mantendo nos xornais, sexan en papel ou dixitais, porque aí é onde soen parar filtracións interesadas co ánimo de derribo, desde dentro, lume amigo coma o que recibiu Cifuentes en forma de currículo académico. É unha andanada que se suma a outras descargas contra a presidenta madrileña desde filas afíns, as máis atinadas e por iso as máis danosas.

Comentarios