miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Noticias en corentena

CONTÁXIAME de verdade, non de noticias falsas. A campaña emprendida con este lema polo consello científico do Colexio Médico de Madrid é igual de válida para sortear a desinformación polo coronavirus como para evitar calquera outra nova ficticia. A rede está ateigada de fake news, por iso se require recorrer a fontes recoñecidas e oficiais e seleccionalas non por número de likes, senón pola súa seriedade. En internet de entrada hai que desconfiar, ensanchar o espírito crítico para impermeabilizarse dos contos, que sempre existiron, pero que agora se propagan á velocidade da luz. O de que unha falsidade mil veces repetida se converte en verdade conséguese en minutos. As manipulacións sobre o coronavirus atestan o mundo virtual, no que o cuñadismo imponse ás evidencias científicas. En todo. Agora que se achegan as eleccións galegas han xurdir noticias falsas cada día, como as houbo antes coas españolas. O caso é poñelas en corentena, igual cós virus.

Noticias en corentena
Comentarios