Opinión

Normalizar machismos

Unha semana despois de que España se proclamara campioa do mundo de fútbol, o presidente da Federación segue sen ver tachas no seu proceder, como se o título puidera tapar a súa conduta. Só falta Vox para reclamar a súa marcha definitiva. Tocarse ostensiblemente os xenitais na celebración do título xa o inhabilita para calquera posto de representación, pero bicar outra persoa sen o seu consentimento supera a gañanada para adentrarse no campo delituoso nun país con negacionismos da violencia machista. Comentaristas deportivos riron a agresión en vez de reprobala (Castaño, Lama), na asemblea da Federación apláudeno e a primeira reacción do presidente agora inhabilitado pola Fifa tras ser recriminado foi insultar aos “gilipollas” e “parvos do cu” que o cuestionaban e anunciar despois denuncias contra os críticos. Porque pensan, el e os que o apoian, que actuou correctamente, como outros ven nomalidade na baballada e o abuso machista.