Opinión

Normalidade nos indultos e noutras accións

Agardada é a postura da oposición no seu rexeitamento aos indultos dos condenados polo procés. É habitual repudiar calquera iniciativa gobernamental, incluso cando se trata de cuestións de Estado como na crise de Ceuta. Entón o tema catalán non ía ser excepción na aspiración de atraer para si apoios agora fuxidíos. Pode parecelo ao comprobar que incluso baróns socialistas e destacados exdirixentes son partidarios de evitar medidas de graza para os líderes independentistas. Os mesmos socialistas críticos cos indultos aplaudían cando foron favorecidos Barrionuevo e Vera, colaboradores de Felipe González condenados por un secuestro, tras o informe favorable do Supremo, tamén indulxente co golpista Tejero, a pesar de que ningún deles se arrepentira. Neste caso o alto tribunal exerce tanto de oposición como algúns partidos do Congreso. É normal entón, igual que ocorre cos indultos, que a oposición bloquee o cambio no goberno dos xuíces.

Comentarios