martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Non o tires pola borda

Nalgunhas comarcas chega tarde a campaña coa que Sanidad pretende sensibilizar sobre todo os mozos para evitar que os rebrotes de Covid que se temían acaben sendo tan grosos que reborde o sistema. Non o tires pola borda, pide o ministerio cunha chiscadela ás zonas costeiras, de maior concentración turística, porque o coronavirus aínda non se foi e pode apuntarse tamén á festa. Os máis novos, que se ven inmunes por louzáns e sans, son o principal colectivo diana desta campaña porque logo do tempo de confinamento non parecen estimar o perigo e relaxan a seguridade nas relacións sociais como se o Covid fose historia. Case todas as comunidades sofren rebrotes, certo que non son excesivamente numerosos os afectados, pero en boa parte causounos a mocidade. A campaña non a culpa, pero si pretende concienciar sobre a máscara e do risco de non respectar a distancia social, por moi difícil que lle resulte. Polo seu ben e o de todos.

Non o tires pola borda
Comentarios