Opinión

Non só é por mala sorte

Que mala sorte ten Galicia coas infraestruturas. Cando non se fan (coma o tren de Santiago a Lugo, o Ave nesta cidade e tantas outras carencias), acumulan atrasos (autovía tamén de Santiago a Lugo, ou de aquí a Ourense). E se non son das mal concibidas (O Fiouco na A-8 está inservible unha chea de días ao ano) van e colapsan, illando unha comunidade desde Pedrafita ou entre si unha comarca de case 80.000 persoas.

A reparación do furado na estrada da Costa mariñá non se estenderá no tempo tanto como a construción parcial do viaduto da A-6, pero mentres seguen agardando intactas ou ensanchando as fochancas dunhas cantas estradas galegas nas que os condutores se deixan as rodas, porque o estado das infraestruturas non é só polos problemas que poidan acentuar a orografía ou o clima, que si que inflúen e moito, pero dotacións e o seu bo mantemento dependen da axilidade das institucións das que dependen. Non todo é por mala sorte.

Comentarios