Sábado. 16.12.2017 |
El tiempo
Sábado. 16.12.2017
El tiempo

Non lle volverá pasar

É O BO de ter unha dirección ao seu xeito, que o risco de que se volva contra un é escaso, non como pasou cando o comité federal apartou a Pedro Sánchez da secretaría xeral. Agora é ben distinto, pois os órganos socialistas están abrumadoramente co líder, sobre todo a executiva. A desaparición dos baróns permitiralle aparecer á fronte dun partido novo. Este PSOE nado onte racha con case todo o seu pasado, incluído o máis recente dos tempos temorosos a ser sobrepasado por Podemos. Sánchez eríxese, igual que fixera Iglesias, como esperanza do 15-M, postulándose así como líder da esquerda, á que se aferrou sen ambaxes no lema do congreso. Deste xeito estaría en disposición de arrebatar votos por ese flanco, sen desatender a beira contraria ante o outro partido emerxente. Ben ubicado entre ambos os dous —facer que se entendan parece imposible—, ansía medrar arredor. Ese é o reto.

O BO de ter unha dirección ao seu xeito, que o risco de que se volva contra un é escaso, non como pasou cando o comité federal apartou a Pedro Sánchez da secretaría xeral. Agora é ben distinto, pois os órganos socialistas están abrumadoramente co líder, sobre todo a executiva. A desaparición dos baróns permitiralle aparecer á fronte dun partido novo. Este PSOE nado onte racha con case todo o seu pasado, incluído o máis recente dos tempos temorosos a ser sobrepasado por Podemos. Sánchez eríxese, igual que fixera Iglesias, como esperanza do 15-M, postulándose así como líder da esquerda, á que se aferrou sen ambaxes no lema do congreso. Deste xeito estaría en disposición de arrebatar votos por ese flanco, sen desatender a beira contraria ante o outro partido emerxente. Ben ubicado entre ambos os dous —facer que se entendan parece imposible—, ansía medrar arredor. Ese é o reto.

Non lle volverá pasar
Comentarios