jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Non é ficción, é real

El excomisario José Villarejo atiende a los medios este miércoles a su salida de la cárcel madrileña de Estremera. VÍCTOR LERENA (EFE)
El excomisario José Villarejo atiende a los medios este miércoles a su salida de la cárcel madrileña de Estremera. VÍCTOR LERENA (EFE)
O LONGO proceso que acabará con Villarejo no banco dos acusados catro anos despois de entrar na cadea transcende a súa persoa. Axuizar un membro das forzas do orde, que semella unha contradición por tratarse dun defensor da legalidade, non resulta tan excepcional como debera se se comproba o número de detidos cada ano dos corpos de seguridade; pero arredor do caso do comisario figura unha manchea de outros elementos que formaban un «clan mafioso de alto risco», segundo considera a Fiscalía Anticorrupción. Esta facción non tiña empacho en elaborar informes oficiais cheos de falsidades para menoscabo de rivais políticos de quen daquela dirixía o Ministerio do Interior, como partidos independentistas cataláns na época do desafío soberanista ou de Podemos. Sumidoiros do Estado para o control político, empresarial, xudicial, mediático, de todo. A sospeita parecía unha entelequia ata que se lle empezou a poñer cara, e así vese real.

Non é ficción, é real