Opinión

Non é un plebiscito

AÍNDA QUE as eleccións europeas se poidan tomar como un plebiscito por ser en circunscrición única, realmente ese foi o do 28-A, que outorgou a Sánchez unha maioría suficiente para que a través de un pacto estable con Podemos e puntuais con outros grupos segundo o asunto do que se trate poida gobernar catro anos con certa estabilidade.

Os comicios para o Europarlamento poden ser significativos se reflicten un desempate dos case exactos díxitos de reparto (43 por cento) entre as dúas frontes: PP-Cs-Vox por un lado e PSOE-Podemos por outro. Servirá de osíxeno ou sedante segundo sexa o resultado, pero á parte do empuxe moral ou do golpe psíquico estas eleccións europeas servirán de pouco máis, todo o contrario que as municipais e autonómicas, que facilitarán os gobernos máis cercanos durante catro anos e visibilizarán o poder local que todo aventura que se alcanzará na maioría de casos con pactos que volverán escenificar os dous bloques.

Comentarios