domingo. 31.05.2020 |
El tiempo
domingo. 31.05.2020
El tiempo

Non é de risas

NON É SA unha sociedade que non se permite rirse de si mesma. A xudicialización do chiste está levando por unha deriva despótica contra calquera incorrección aproveitando unha lexislación que na súa ansia protectora deixa aberto un amplo abano de consideracións delictivas. Porque segundo se interprete, igual que se admiten denuncias por bromas sobre o Val dos Caídos, Carrero ou un cartel de Entroido, ben poderían someterse a xuízo chanzas sobre unha localidade ou comunidade, casos de Lepe, os galegos ou os vascos, ou incluso cando se despreza un club de fútbol, pois un afeccionado pódese sentir humillado na súa crenza debido a que profesa máis devoción polo seu equipo que por calquera outra doutrina. E mesmamente un partido político pode denunciar ofensas por unha ocorrencia molesta, pois así se pode interpretar a lexislación sobre ideoloxía. Non é de risa esta saturación xudicial.

Non é de risas
Comentarios