miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

Non é contra o humor, é contra a liberdade

UN DEBUXANTE foi despedido dun xornal canadense no que levaba 17 anos dous días despois de publicar unha ilustración na que Trump a carón dun carriño de golf preguntaba ao pai e a nena salvadoreños mortos ao cruzar o río Bravo: «Impórtalles se sigo xogando?». Ocorreu pouco antes de que saíra a derradeira viñeta política en The New York Times. O humor molesta o poder.

O xornal estadounidense prescindiu dese espazo logo das críticas recibidas por unha caricatura de Netanyahu e Trump considerada antisemita. E un pouco ao norte, o periódico da provincia limítrofe con Quebec non quixo manter ao colaborador crítico coa cruel política migratoria. A Casa Branca mantén unha guerra aberta contra os medios críticos e as viñetas ás veces son máis agresivas que unha redacción, pero como deixou dito nun espazo gráfico un dos despedidos do The New York Times, «sen humor todos estaremos mortos». Pero a Trump e outros iso parece que lles dá igual.

Non é contra o humor, é contra a liberdade