Opinión

Ninguén estafa

A estafa xa non ten encaixe no Código Penal, tende a desaparecer, porque se o ata agora delito non é detectado xa non entra no proceso xudicial e se o é, o tribunal non o pode xulgar porque descubrilo significa que o autor non está dotado da suficiente pericia como para enganar, ou sexa, é groseiro. Esta é a interpretación do TJM para non admitir a trámite a querela por falsidade documental presentada contra Rocío Monasterio na súa calidade de arquitecta por incluír un selo falseado na documentación enviada ao Concello de Madrid. Os maxistrados consideran torpe a portavoz de Vox na Asemblea, pero líbrana de estafa e pregúntanse cal sería a pretensión da querelada ao facer chegar a unha institución unha documentación tan basta, e non dan a resposta, pero polo argumentado no fallo sobreenténdese que só foi por entretemento, porque non tiña nada mellor que facer; nunca por conseguir que o departamento urbanístico lle dera validez.
 

Comentarios