martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Necropolítica

O POLÍTICO é un depredador insaciable, capaz de asimilar e utilizar en exclusiva términos que, en esencia, son inherentes ao contexto en que desenvolve a súa actividade. Non se poden considerar feras todos os nosos representantes públicos, como nesta opinión vertida no foro de debate Pasos a la Izquierda, pero si é certo que nesta especie son moi dados a aproveitar a calaza.

Onde hai mortos hai voitres, recordaba pouco tempo atrás Juan José Millás para incidir en que algúns políticos se lanzan deseguida cando ulen cadáver, e nesta pandemia houbos milleiros, para complacencia dos que gustan do sangue. Igual que en tempos se aproveitaban da Eta asesina, agora pretenden beneficiarse doutras vítimas e apréstanse a sacarlles proveito. E iso que a OMS xa alertou de que converter o coronavirus nunha arma política causará máis mortes. Pero a moitos tanto lles ten, máis ben ao contrario, porque son dados a abalanzarse sobre a prea como alimento.

Necropolítica
Comentarios