Opinión

Nadal protexido

CELEBRAMOS un Nadal especial, porque neste ano todo é distinto, pero paga a pena manter normas estritas para poder afrontar outras conmemoracións, non quedar no camiño. Miles foron os que non chegaron aquí, por iso é convinte extremar o coidado. No pasado verán relaxáronse as medidas para salvar economicamente a tempada e aí comezou a segunda onda, porque xa parecía todo superado; a principios deste mes distendéronse as restricións en Santiago pola ponte da Constitución e unha semana despois recuaba todo o que avanzara na loita contra a pandemia. Por iso debemos seguir neste Nadal coas proteccións necesarias en espera da ansiada vacina imprescindible. Desta volta vémonos na obriga de sacrificar a liberdade pola seguridade porque a saúde é o primeiro e xa haberá tempo de celebrar cos achegados, pero de momento téñense que manter a distancia. Non haberá un feliz Nadal, pero todo sexa para o que ano vindeiro sexa mellor.

Comentarios