Opinión

Mundo Disney


O estado social que nos rexe pretende garantir que todos os cidadáns teñan cubertas as necesidades básicas, pero está lonxe do obxectivo, porque segundo un informe da rede europea de loita contra a exclusión, en España malviven máis de 4,2 millóns en pobreza severa, e o que aínda é peor, o 30% deles teñen traballo, dato que pouco di da calidade do emprego deste país. Para atenuar esta eiva, a mellora na redistribución da riqueza é elemental, e aí a principal fórmula é aumentar a presión fiscal sobre os que máis teñen. Pero iso non lle gusta a algúns partidos, e suponse que tampouco aos afectados. Iso aquí, porque por outras partes do mundo un grupo de 83 milmillonarios (ningún español) encabezados pola herdeira de Disney reclama pagar máis impostos, para cabreo dos 2.070 restantes, que prefiren seguir no seu mundo de película. Por certo, entre os 2.153 computados acumulan máis riqueza que 4.600 millóns de perMundo Disney soas. Un reparto ben desigual.

Comentarios