Opinión

Mulleres desamparadas

SON excepción as denuncias falsas, e mínimas as de violación, pois o proceso xudicial é tremendamente doloroso, aínda que conclúa en sentenza favorable. Por iso, e pola superioridade física, de idade e numérica, se fixo crible a agresión de Pamplona e tan repudiable socialmente o fallo da Audiencia de Navarra, aínda que os fundamentos sexan sólidos, pois deixa indefensa calquera muller, xa que ante unha ameaza de violación só ten dúas alternativas, e cada cal peor, pois se se resiste pode que a maten, como lle pasou a Nagore nos sanfermíns do 2008, e se transixe intimidada, por un ou por un grupo, un xuíz pode entender que consinte, como o caso das festas do 2016. Non se pode lexislar en quente, pero se a lei se pode interpretar nun abano tan amplo que poida ir de agresión sexual a absolución, haberá que cambiala, porque se non a sensación é de desamparo da muller.

Comentarios