Opinión

Moderación ou pendencia

APERTURA do curso político cando se sospeitaba que este ano habería continuidade en vez deste salto tras período vacacional dos gobernantes porque a situación sanitaria e económica requiría seguir na xestión, por cuestionable que fose. Reunión de Sánchez con Casado e outros líderes políticos nunha escenificación de volta aos despachos que semella rebaixar a tensión que se viviu nos días máis duros da pandemia. A tremenda crispación previa a agosto vese rebaixada a alivio, cun PP en aparencia máis moderado e un Ciudadanos que entendeu que a supervivencia atópase máis como gonzo que permite abrir portas cara as dúas beiras que como aldraba da dereita. Quen non recuará na súa agresividade contra os rivais políticos, consentindo, alentando ou incluso organizando protestas, é Vox, porque ou ben entende que só así conseguirá retirar a coalición socialcomunista do poder ou ben por estar a belicosidade na súa natureza. O tempo dirá.