NON É A PRETENSIÓN da moción censurar o Goberno, senón converter os promotores nos adalides da liberdade contra quen din que a mutila máis que na época anterior, esa na que funden as súas raíces ideolóxicas e na que precisamente non estaba permitido participar nin debater, e moito menos obxectar. Curioso que a dereita, e non só a ultra, cuestione carencias democráticas e incluso persoeiros da farándula como Miguel Bosé, Mario Vaquerizo ou Alaska consideren que a liberdade era maior noutras épocas escuras, se ben non teñen reparos en participar en programas nos que se expanden bulos e insultos ao Goberno sen continencia algunha con total soltura.
Moción de escaparate, máis contra o PP, a quen Vox pretende arrebatar espazo, que contra o PSOE, a quen vai dirixida, e que lle permitirá destapar incongruencias opositoras. Ultradereita e socialistas son os únicos interesados nesta caricatura de censura e os únicos en gañar con este entretemento.