Opinión

Mitos para fortalecer o nacionalismo

QUEIXÁBASE HAI un tempo atrás Álvarez Junco da utilización que se fai dos historiadores, porque os políticos en vez de probas requiren relatos épicos nos que os antepasados figuran como colectivos de bondade fronte aos malvados veciños rivais. Pasa co independentismo catalán, que magnifica o esplendor anterior á dependencia doutra coroa, e ocorre tamén co nacionalismo español, que enxalza a Reconquista —á que como mínimo lle sobra o prefixo, pois foi conquista nos máis dos casos— contra os árabes, que se pasaron nalgunha parte da Península case 800 anos, 300 máis que o tempo pasado desde os Reis Católicos ata agora. Tamén retrotrae ao século XV a formación da nación para magnificar a súa antigüidade, cando o término xorde no XVIII coa Idade Contemporánea. A case ninguén lle importa o pasado, conclúe Junco, porque o rendible politicamente son os mitos, pero coidado, di, que estes enfrontan á xente e lévana a matarse entre si.

Comentarios