lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

As mentiras non axudan a rexenerar

ACÉPTASE que rouben, pero non que mintan. O país pode admitir comisións ilegais, concelleiros recadadores de xeito irregular para si e para o grupo ou caixas b en partidos, pero non soporta un plaxio nin un engano. Por iso os falsos currículos están derrubando tantos representantes públicos como as perversións económicas, como se estas fosen implícitas aos cargos e aqueles inconcibibles, aínda que todos se empeñen en eludir responsabilidades ata incluso cando as evidencias se impoñen ás sospeitas. Negar sempre. Esa é unha filosofía habitual en política, e sen inmutarse. Miren por exemplo Aznar, que solemnemente no Congreso refuta a existencia dunha contabilidade paralela no PP cando el era presidente a pesar de que está demostrada a súa existencia e uns cantos dirixentes dos que cobraron sobresoldos recoñecen telos percibido. Así, con mentiras, non se rehabilita a confianza na política.

As mentiras non axudan a rexenerar
Comentarios