sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Mentiras amortizadas

SER OS REIS das fake news ten os seus riscos, pero polo momento non saíron mal parados, todo o contrario. E aínda que agora unha das súas numerosas mentiras acaba no xulgado, non lles afecta politicamente, porque xa conseguiron convencer a miles de españois de que boa parte dos males do país son debidos aos emigrantes. Saben moito do principio de orquestración ideado por Goebbels polo que a propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas e repetilas constantemente, presentalas desde distintas perspectivas pero sempre incidindo no mesmo concepto, o que vén sendo o de que se unha mentira se reitera suficientemente acaba por converterse en verdade. Unha dirixente de Vox será investigada pola Fiscalía do Tribunal Supremo por se cometeu un delito de odio ao afirmar que os menores estranxeiros son a causa da inseguridade no país. Dáo por amortizado porque logrou o seu cometido xenófobo. Con esa mensaxe e moitas outras de igual dubidosa credibilidade.

Mentiras amortizadas
Comentarios