Opinión

Mentir non resta votos

UNHA DAS principais conclusións do estudo acerca de desinformación política que se levou a cabo sobre Trump é que mentir apenas resta votos. O traballo constata empiricamente unha realidade que os políticos xa presupoñían, en Estados Unidos e nos demais países, incluído España, claro. Por iso calquera representante público non ten reparos en dicir hoxe o contrario do defendido onte con efusividade, que así parece máis convincente. Anúnciase desde a oposición, por exemplo, que non se deben subir os impostos e no goberno increméntanse; rexéitase abaratar o despido e decídese o contrario. Foron palabras, pero hai veces que incluso as afirmacións se manteñen por escrito, como no pacto PP-C's en Murcia. O primeiro punto subscrito era que o presidente dimitiría se era imputado. Estao, e aí segue, e parece que ninguén lle esixe deixalo, nin o seu partido nin o outro. Tanto ten.

Comentarios