martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Menos civismo do que din

CIRCULA polas redes unha viñeta na que aparece unha cola inmensa na que están aliñados os que van criticar, outra tamén bastante pronunciada para os que gardan quenda para mentir e unha terceira mínima dos que axudan. Entristece en vez de complacer con humor, porque igual que as enquisas aínda que non sexa de todo certo reflicte o estado do país, onde axudar é simplemente quedarse na casa, pero moitos deses mesmos seguen propalando chismes, difundindo bulos, polo que os que realmente colaboran son bastantes menos, e non digamos activamente. As autoridades, para insuflar ánimos, apelan ao gran civismo que, din, está amosando a cidadanía nesta crise, cando en semana e pico producíronse máis de cen mil denuncias e un millar de detencións por incumprir o confinamento, que é só o detectado, porque en realidade iso multiplicaríase se se computasen todos os incumprimentos. Como dicía algún personaxe de Forges, país.

Menos civismo do que din
Comentarios